O programa «Pescadores de historias» da TVG achégase ao porto de Marín
«Faenar lonxe da casa» é o título do capítulo de hoxe (15.30) de «Pescadores de historias», serie da Televisión de Galicia sobre a cultura mariñeira. O programa foi gravado no porto de Marín.
Nesta ocasión, X. H. Rivadulla Corcón, produtor executivo, director e guionista de «Pescadores de historias», falará con Tinso Pouseu e Álvaro Paz, que pasan meses nas augas brava do Gran Sol. Tamén con Manuel Nores, que con 18 anos xa empezou a exercer de patrón de pesca. Hoxe, xa con 86, é armador de 8 barcos que faenan na costa africana, no Atlántico Norte e no Pacifico.
Tamén coñeceremos a quen traballa en terra para a pesca de altura, como os redeiros José Landín, Emilia Neira e Manuel Piñeiro.
Na altura tamén estiveron Abel Siméns e o seu fillo, tamén Abel, que hoxe teñen unha peixería.
E o cociñeiro Mario Castro vai preparar un rodaballo na praia de Mogor, onde ten o restaurante «Merendero 2».
Fuente: Faro de Vigo -> Link de la noticia.