GRUPO NORES CON EL MEDIO AMBIENTE

Imparten cursos de formación ambiental ás tripulacións da frota do Grupo Nores

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra colabora co Grupo Nores na organización dun curso sobre medioambiente e prácticas Marpol (convenio internacional para previr a contaminación dos buques) dirixido ás tripulacións da súa frota, principalmente a oficiais tanto de máquinas como de ponte.

O obxectivo é concienciar aos tripulantes sobre as mellores prácticas ambientais a bordo así como sobre a correcta xestión dos residuos para fomentar a sustentabilidade en todos os ámbitos pesqueiros.

A xornada celebrouse durante este luns en dependencias da Autoridade Portuaria e foi impartida pola empresa Cualtis. A Autoridade Portuaria presta especial atención a todos os aspectos ambientais derivados das actividades que se desenvolven no Porto e colabora habitualmente cos armadores e empresas portuarias no desenvolvemento de prácticas sustentables.

O Grupo Nores é unha importante empresa situada en Marín, con máis de 65 anos de historia, que conta con máis de 300 traballadores e unha frota propia de 8 buques factoría presentes nos caladoiros principais do Océano Atlántico (Canadá, Falkland Islands,Guinea Bisau, Senegal e Marrocos).

O volume de vendas ascende a máis de 30.000 toneladas/ano, exportando os seus produtos a máis de 65 países e cunha facturacion directa de 50 millóns de euros. O Grupo Nores tamén é accionista en diferentes empresas do sector na que destaca como socio maioritario dos Frigorificos de Galicia, S.A (FRIGALSA).

 

Fuente: www.pontevedraviva.com -> Link de la noticia.